martes. 28.01.2020 |
El tiempo
martes. 28.01.2020
El tiempo

Activo un lume en Pedrafita do Cebreiro que afecta polo momento a cinco hectáreas

Incendio en Pedrafita do Cebreiro. @BrifLaza
Incendio en Pedrafita do Cebreiro. @BrifLaza

Comezou na madrugada deste luns na parroquia de Lousada

Un novo lume declarouse este luns en Galicia, cun incendio activo no municipio lucense en Pedrafita do Cebreiro, que queimou polo momento unhas cinco hectáreas. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume declarouse ás 3.19 horas da madrugada deste luns na parroquia de Lousada. 

 

Nas tarefas de extinción traballan seis helicópteros, dous avións, cinco motobombas, 18 brigadas, dous axentes e unha pa, entre outros medios. 
 

Activo un lume en Pedrafita do Cebreiro que afecta polo momento a...