lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Adif traballa na retirada dos vagóns que descarrilaron xunto ao río Sil

Retirada dos vagóns do Sil. ADIF
Retirada dos vagóns do Sil. ADIF
O administrador ferroviario levou dous guindastres á zona e tivo que estabilizar os vagóns e desmontalos para sacalos do lugar

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) está a traballar este domingo para retirar o vagón dun tren de mercadorías que foi empuxado hai unha semana e terminou nas augas do río Sil en Carballeda de Valdeorras (Ourense). 

Segundo indica na súa conta oficial de Twitter, este domingo continúan os traballos iniciados o sábado, unha vez obtidos os permisos da Xunta e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para sacar os catro vagóns que quedaban nesa zona, despois de que un tren de mercadorías descarrilase cando estaba a piques de entrar no núcleo de Sobradelo. 

Nas tarefas para retirar as estruturas, o pasado domingo os operarios empuxaron cunha máquina dous dos vagóns, un dos cales chegou até as augas do río e outro quedou envorcado no terraplén entre a vía e o Sil. Os feitos, recollidos en varios vídeos, provocaron as queixas da Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, que abriron senllas investigacións. O Goberno galego propuxo unha multa de 35.000 euros para Adif. 

O administrador ferroviario presentou un operativo para levar dous guindastres á zona, estabilizar os vagóns e desmontalos para proceder a sacalos do lugar. 

De acordo coas informacións actualizadas este domingo, está a despezarse o vagón que caeu até a beira e estase retirando, do mesmo xeito que se procedeu coas outras estruturas.

Adif traballa na retirada dos vagóns que descarrilaron xunto ao río...
Comentarios