jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Adolfo Domínguez, Premio Nacional de Moda 2019

Adolfo Domínguez, no parque Rosalía de Castro de Lugo. SEBAS SENANDE
Adolfo Domínguez, no parque Rosalía de Castro de Lugo. SEBAS SENANDE
A súa "importantísima" expansión internacional tivo moito que ver na concesión deste galardón

O deseñador galego Adolfo Domínguez foi galardoado este venres co Premio Nacional de Moda 2019 que outorga anualmente o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que está dotado con 30.000 euros.

O xurado, presidido por Román Fernández-Baca Casares, director xeral de Belas Artes, elixiu a Domínguez (Ourense, 1950) pola “súa significación na historia contemporánea da moda de España”.

Na súa resolución, o xurado recordou o slogan histórico de Adolfo Domínguez de ‘a engurra é bela', que fala "do seu gusto polo natural, destacando a sobriedade e liberdade e o seu convencemento de que a roupa é a nosa segunda pel".

O seu "importantísima" expansión internacional tivo moito que ver na concesión deste premio polo que se lle recoñece a súa "capacidade e sensibilidade para difundir o deseño e creación de moda española”.

Os vaivéns da economía levaron á empresa a pechar con números vermellos o seu exercicio fiscal de 2016

Adolfo Domínguez estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e despois trasladouse a París, onde estudou Estética e Cinematografía. Logo dunha longa estancia en Londres regresou a Galicia para crear, a partir da empresa de sastrería do seu pai, unha empresa que foi pioneira dentro do sector téxtil.

O seu coñecemento da xeometría permitiulle confeccionar pezas con rigor "cheas de poesía", clásicas, minimalistas e belas.

O deseñador conta con seiscentas tendas en todo o mundo, pero sen perder a perspectiva da súa conciencia ambiental, que levoulle a asinar en 2010 o seu compromiso de Política de Benestar Animal.

Nos anos 90 Domínguez converteuse no primeiro deseñador en comercializar unha gama completa de perfumes co seu nome e na primeira marca de moda española con presenza no mundo bolsista.

Os vaivéns da economía levaron á empresa a pechar con números vermellos o seu exercicio fiscal de 2016, aínda que nos últimos exercicios foi conseguindo reducir as súas perdas.

A firma volveu ademais este ano á pasarela cun desfile en setembro, o primeiro desde que o deseñador deixase de presentar as súas coleccións na Pasarela Cibeles de 2011. 

Adolfo Domínguez, Premio Nacional de Moda 2019
Comentarios