martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

Advirten á Xunta que a reapertura xeralizada da pesca fluvial podería ser ilegal 

Un pescador.
Un pescador.
Sinalan que realiza unha "interpretación propia" da orde do 30 de abril coa que o Goberno autorizou a práctica de actividade física non profesional ao aire libre

Federación Galega de Pesca e os colectivos ecoloxistas Adega e Ríos con Vida presentaron un escrito ante a Delegación do Goberno en Galicia para que estude se a repertura da pesca fluvial ordenada con carácter xeral pola Xunta é legal.

Diso informan a través dun comunicado conxunto no que advirten que coa súa decisión, publicada a través dunha orde o pasado o 5 de maio, a Xunta "podería estar a incorrer nunha ilegalidade" ao "contravenir" o plan de desconfinamiento e, ademais, producir "confusión entre a cidadanía", aos que podería inducir a cometer infraccións. 

Federación, Adega e Ríos con Vida sinalan que o Goberno autonómico realiza unha "interpretación propia" da orde do 30 de abril pola que o Executivo central autorizou a práctica de actividade física non profesional ao aire libre "asimilando este tipo de actividade coa pesca fluvial recreativa".

No entanto, segundo apuntan, na pesca fluvial "interferen outros factores alleos ao simple exercicio físico como a afectación á biodiversidade, o uso do dominio público hidráulico ou a súa propia especifidade como actividade de aproveitamento de recursos naturais".

Todos estes factores, remarcan, deberían ser tidos en conta por parte da Xunta antes de permitir a continuación da pesca fluvial posto que a súa práctica "non se pode asimilar a unha actividade física non profesional".

"Consideramos lamentable e perigosa a actitude da Xunta porque está a favorecer que os afecionados poidan estar a incorrer na infracción da normativa aprobada no estado de alarma, incluso chegándose ao suposto de precintar salmóns no Ulla esta semana cando a pesca aínda estaba suspendida", sinalou. 

Advirten á Xunta que a reapertura xeralizada da pesca fluvial...
Comentarios