martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Os afectados pola explosión de Tui xa poden solicitar as axudas á Xunta

Cascallos na zona afectada pola explosión en Paramos. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Cascallos na zona afectada pola explosión en Paramos. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Destinará máis de 7 millóns a axudas para a reparación dos danos na casa e outros 500.000 euros para o aloxamento dos desaloxados

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a orde de axudas da Xunta pola explosión dun almacén ilegal de material pirotécnico na parroquia de Pairamos, en Tui (Pontevedra), o pasado 23 de maio, que os afectados xa poden solicitar.

A Xunta destinará máis de 7 millóns de euros a axudas para a reparación dos danos causados nas casas e no enxoval doméstico, e outros 500.000 euros para o aloxamento provisional de quen tiveron que abandonar as súas vivendas habituais por un período de ata dous anos.

A contía desta axuda será de ata 450 euros mensuais e poderase complementar con outra para o suposto da formalización dun contrato de aluguer por un importe único de 600 euros.

O importe máximo de reparación para vivendas habituais será de 109.152 euros, máis outros 16.373 euros para aveños para as que quedasen en estado ruinoso, ou 3.000 euros para as que estean pendentes de rehabilitar.

No caso de vivendas non habituais, as contías máximas serán de 43.660,8 euros, máis outros 5.458 euros para aveños para as ruinosas, ou 3.000 para as que haxa que rehabilitar.

As axudas da Xunta serán compatibles coas que habiliten outras administracións ou por calquera outro sistema de cobertura de danos, así como coas indemnizacións percibidas dos seguros ata o límite da renda do contrato de aluguer ou do 100 % do valor de reposición da vivenda danada.

Quen o soliciten poderán recibir as axudas por anticipado, de modo que os afectados non teñan que incorrer en ningún gasto.

As actuacións de rehabilitación poderán comezar con carácter previo á presentación da solicitude ou resolución de concesión da axuda sempre que se conserven fotografías e calquera outro documento que acredite o estado no que quedou a vivenda tras a explosión.

Serán beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias, usufructuarias ou arrendatarias das vivendas danadas, xa fosen habituais ou residencia ocasional.

Quedan excluídas as edificacións ruinosas ou que se atopasen en situación de manifesto abandono antes da explosión.

As axudas da Xunta tamén comprenden os danos causados en construcións anexas e instalacións complementarias da vivenda danada, talles como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas, de iluminación e de telecomunicacións.

Así mesmo, cubrirán os danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade cando non se inclúan nas axudas que ao mesmo efecto puidesen aprobar outras administracións ou calquera outro sistema de cobertura.

Os afectados pola explosión de Tui xa poden solicitar as axudas á...
Comentarios