Agrede a un axente e causa desfeitas nun bar de Vigo para non porse a máscara

Policía Local de Vigo. DP
photo_camera Policía Local de Vigo. DP

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 49 anos de idade, R.A.A.E., natural de Venezuela, tras negarse a porse a máscara, causar desfeitas nun bar e agredir a un dos axentes que interveu na súa identificación. 

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado mércores, cando este home entrou nunha cafetería da rúa Urzáiz. Alí, mentres esperaba a ser servido, quitouse a máscara e comezou a molestar a outros clientes do establecemento. 

O persoal pediulle que se puxese a máscara e que abandonase o local, pero o home dirixiuse ao baño, comezou a esnaquizar as tapas dos inodoros e, cunha delas na man, saíu de novo ao local. O home foi expulsado do bar pero quedou na porta, ameazando a traballadores e clientes, e sen levar posta a máscara. 

Cando os axentes de Policía chegaron, identificárono e informáronlle de que sería proposto para sanción por non levar a máscara e por non respectar a distancia de seguridade. Nese momento, empuxou violentamente a un dos funcionarios e tratou de golpealo, polo que foi reducido e detido por un suposto delito de atentado contra axente da autoridade. 

Comentarios