Feijóo ve a Pontón "necesitada" e ela responde: "Vostede destila un machismo repugnante"

O presidente da Xunta acabou retirando o seu comentario, que se enmarcaba nunha resposta a Luís Villares

Alberto Núñez Feijóo y  Pontón. AEP
photo_camera Alberto Núñez Feijóo y Pontón. AEP

Alberto Núñez Feijóo e Ana Pontón protagonizaron un tenso enfrontamento dialéctico este mércores no Hórreo, tras o que a portavoz do BNG acusou o presidente da Xunta "de destilar un machismo repugnante". 

Todo xurdiu por mor das insistentes preguntas desde a oposición sobre o futuro de Feijóo, agora que é o principal candidato para suceder a Mariano Rajoy como presidente do PP.  "A pregunta non é cando se vai a Madrid senón cando vai dimitir por estes casos e cando vai convocar eleccións", espetoulle nun momento dado Luís Villares. E Feijóo replicoulle que uns comicios non lle favorecerían posto que entón o líder de En Marea "non sería candidato a nada", debido ao seu cuestionado liderado.

"Parecíame que a señora Pontón estaba moi necesitada, pero vostede aínda está máis", dixo, acto seguido, o presidente ao líder da oposición, entre as críticas da propia aludida, Ana Pontón, que tachou de machista esta afirmación. O presidente da Xunta retirouna inmediatamente pero a líder do BNG mostrou igualmente a súa indignación en Twitter.

Comentarios