O alcalde de Cangas, sobre o paso de peóns: "Non queriamos bater un récord"

O cebreado ocupa 46 metros de longo e está a ser trending topic —entre os asuntos máis comentados nas redes sociais— e motivo de numerosos comentarios e chistes

Paso peatones de Cangas. DP
photo_camera Paso de peóns en Cangas. DP

O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, asegurou este venres que o Concello non quería bater ningunha marca ao instalar un paso de peóns nesta localidade do Morrazo de grandes dimensións, "aínda que o batemos". E é o novo paso de peóns de Cangas ten 46 metros de longo e está a ser trending topic —entre os asuntos máis comentados nas redes sociais— e motivo de numerosos comentarios e chistes.

"A xente vén de facerse fotos e iso sempre é bo xa que ao final son visitantes que veñen a Cangas", subliñou o alcalde. Pazos insistiu en que o obxectivo deste paso de peóns é unir tres zonas prioritarias da localidade como son a Praza do Concello, Praza da Deputación e a Praza da Palma e tamén que se converta nas primeira barreiras dos coches que chegan a Cangas desde Vigo".

Pazos recordou que o paso de peóns terá semáforos e que as columnas semafóricas instalaranse a finais de ano ou principios de 2019 para non facer obras durante o nadal. "Animamos a todos os visitantes que van ver as luces de nadal a Vigo que logo se pasen por Cangas para ver o noso paso de peóns e fáganse as fotos que queiran", sinalou o alcalde desta localidade.

REDES SOCIAIS. O gran paso de peóns –o máis longo de España– que Cangas do Morrazo loce sobre un tramo en curva da PO-551 está a dar moito que falar nas redes sociais. Tanto é así, que xa circulan varios memes facendo bromas de todo tipo sobre este xigante a raias.

A grandeza deste arcoiris monocromático é tal que moitos o compararon coa iluminación do Nadal de Vigo ou co da praza de Shibuya, en Tokio.

Cangas do Morrazo pic.twitter.com/vMCIWeJ1Ox<> — Yuly (\malapecorina) 13 de decembro de 2018<>

Polas redes tamén corren algunhas composicións satíricas nas que sitúan a mítica portada do disco de The Beatles en Cangas, en lugar de en Abbey Road, vía homónima a aquel traballo. Outra das bromas inclúen o rostro desencaixado de Maradona ante estas monumentais raias brancas. 

Ojito ao novo paso de peóns de Cangas, o das rías Baixas este ano é un non parar #cangas < href="https://twitter.com/hashtag/galicia?src=hash&ref_src=twsrc%5Etfw">#galicia < href="https://t.co/vejm1GV6pK">pic.twitter.com/vejm1GV6pK<> — Planeta Tour (\planeta_tour) 13 de decembro de 2018<>

Os propios veciños tamén se sorprenderon do desmesurado tamaño que ocupa esta marca sobre o asfalto, incluso houbo quen xa lle deu un uso de pista de atletismo. Ao menos non lles faltará sitio por onde cruzar.

Comentarios