sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

O alcalde de Lalín diríxese a Facebook por carta tras a censura ao cocido

Ingredientes del cocido. RICHARD BARREIRA
Ingredientes del cocido. RICHARD BARREIRA
Crespo pídelle a Instagram que reconsidere as súas normas comunitarias e que organice unha quedada de instagramers na capital do Deza

O alcalde de Lalín, José Crespo, dirixiu unha carta a Facebook España tras a polémica pola censura en Instagram –que pertenence á primeira compañía– dunha fotografía dun cocido galego ao considerar que incluía "violencia gráfica". 

Na misiva, o rexedor popular explica, "sen pretensión de polémica", a importancia e o "arraigamento" deste prato, particularmente na capital do Deza, onde cada ano, desde hai 51, se celebra a Feira do Cocido.

Tras repasar algunhas das figuras que "glosaron" as calidades do prato, como Álvaro Cunqueiro ou Castroviejo, e citar algúns dos pregoeiros da Feira, como Manuel Jabois, Punset ou Arguiñano, Crespo pediu a Facebook España que reconsiderase as súas normas comunitarias "de forma que calquera publicación dun prato de cocido fose visto como unha cousa normal".

E o rexedor vai máis aló ao pedirlle aos responsables da rede social que "incluso estudasen a posibilidade de organizar en Lalín unha quedada de instagramers que ben puidese servir dalgún modo para restituír a fama afectada do cocido"

A polémica saltou cando Instagram censurou unha publicación con fotografías dun cocido galego por "infrinxir as normas comunitarias" que inclúen "violencia gráfica, linguaxe que incita ao acoso, violencia e bullying ou espidos e actividade sexual", segundo relatou o vigués que publicou a imaxe, Richard Barreira.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Madre mía como está el patio, aunque parezca mentira, los censores de @instagram , me eliminaron la publicación de hoy por infringir sus normas comunitarias que incluyen (Adjunto pantallazo comunicado): -Violencia gráfica -Lenguaje que incita al acoso, violencia y bullying -Desnudos y actividad sexual... QUE SON FOTOS DE UN COCIDO!!! Entonces, o la unidad censora de @instagram está gobernada por un o una vegana que nada más ver las fotos del cocido de mi madre tuvo unas ganas enormes de masturbarse al ver tanta carne (Cosa prohibida para esos sectarios) o es un problema mental o simplemente es que son GILIPOLLAS y ya...falta circo para tanto payaso, esperemos que la @culturagalegaxunta @turismodegalicia @galicia_mola @galiciacalidade tomen medidas contra este atropello a nuestra cultura gastronómica! #censura #instagramcensura #instagramcensurafotosdecocido #cocidogallego #carnedeporco #terneragalega

Una publicación compartida de Richard Barreira Baños (@richardbarreira) el

 

O alcalde de Lalín diríxese a Facebook por carta tras a censura ao...
Comentarios