jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

O alcalde de Xinzo de Limia, inhabilitado oito anos por prevaricación

El alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez. AEP
El alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez. AEP

Antonio Pérez foi xulgado por un delito relacionado con contratacións irregulares no Concello

O xulgado do penal número uno de Ourense condenou a oito anos e seis meses de inhabilitación especial ao alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, por un delito continuado de prevaricación administrativa en relación con varias contratacións irregulares no Concello.

Segundo consta na resolución á que tivo acceso Efe, a titular do xulgado condena ao rexedor a non desempeñar "todo emprego ou función pública en calquera das Administracións Públicas", así como respecto de calquera cargo electo, "estendéndose a todo emprego ou cargo en empresas ou institucións participadas directamente por algunha Administración ou Ente Público".

Conclúe que o rexedor, quen se deu de baixa no PP tras o auto de apertura de xuízo oral, contratou a varias persoas entre os anos 2011 e 2014 prescindindo do procedemento legal, a pesar de coñecer os reparos do interventor.

Por estes feitos, o Ministerio Público e a CIG, que exercía de acusación popular, pedía "dez anos de inhabilitación para todo emprego ou cargo público" para o rexedor por contratar a unha vintena de persoas que encadearían varios contratos eventuais ata conseguir a praza, obviando informes contrarios de secretaría-intervención.

Durante a vista, o alcalde admitiu que non lía os decretos para realizar as contratacións xustificando a súa actuación na "urxencia das mesmas" a fin de "atender as necesidades" de servizos "prioritarios" no concello.

Tras coñecerse a sentenza, o alcalde confirmou a Efe a súa intención de recorrer o fallo xudicial.

O alcalde de Xinzo de Limia, inhabilitado oito anos por prevaricación
Comentarios