sábado. 19.09.2020 |
El tiempo
sábado. 19.09.2020
El tiempo

A chuvia e o vento sitúan gran parte de Galicia en alerta amarela

Unha muller protéxese da choiva. JAVIER CERVERA
Unha muller protéxese da choiva. JAVIER CERVERA
Prevese unha acumulación de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas no interior de Pontevedra e no suroeste e oeste da Coruña

Mapa coa previsión de MeteogaliciaUnha fronte moi activa afectará este mércores a Galicia, deixará ceos moi nubrados e abundantes precipitacións, que serán máis intensas e persistentes no interior de Pontevedra e no suroeste e oeste da Coruña. De feito, segundo a predición de Meteogalicia, nestas zonas activouse a alerta amarela pola posible acumulación de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas entre a medianoite e as 18 horas.

Os ventos soprarán fortes, de compoñente sur, tamén con alerta amarela por refachos superiores a 80 quilómetros por hora en lle noroeste da Coruña e na Mariña. Ademais, tamén está activada a alerta amarela por vento en todo o litoral; así como a laranxa por ondas de ata seis metros por mar de fondo no noroeste da Coruña e a Costa da Morte, que co paso das horas será amarela.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Nas grandes urbes galegas, os termómetros non baixarán dos 10 graos que se rexistrarán en Lugo, mentres que en Pontevedra, Vigo ou A Coruña quedarán en 12 de mínima. En canto ás máximas, alcanzaranse os 16 graos en Ourense, pero na capital lucense non se superarán os 14ª. Na Boa Vila ou a cidade olívica tocarán teito nos 15º.

A chuvia e o vento sitúan gran parte de Galicia en alerta amarela
Comentarios