Perimetrado e estabilizado o incendio dunha nave industrial do Porriño

Aínda que non houbo feridos, existía o risco de que as chamas se estendesen a naves con produtos químicos

O incendio rexistrado este mércores nunha nave do polígono industrial da Granxa, no Porriño, está perimetrado e estabilizado, segundo os mandos dos parques do consorcio provincial de bombeiros de Pontevedra.

Debido á carga forte térmica provocada polo incendio da chatarra acumulada no exterior da nave de Alumisel aínda é necesaria o labor dos efectivos de extinción, aínda que en principio a situación comeza a estar controlada, sen que se produciron danos persoais, engaden fontes do servizo de Emerxencias.

O incendio obrigou a cortar o tráfico nun dos viarios desta área, aínda que non se rexistraron feridos. Con todo, o maior risco radicaba en que as chamas se estendesen a naves adxacentes nas que se almacenan produtos químicos.

Segundo informaron a Europa Press fontes municipais do Porriño e do 112 Galicia, a alerta polo incendio produciuse á primeira hora da tarde deste mércores.

ALUMISEL. O sinistro afecta a unha zona de almacenaxe da empresa Alumisel (dedicada á reciclaxe de residuos metálicos), onde había depositados coches, neveiras e outro material de chatarra. 

Incendio en Alumisel, no polígono industrial da Granxa. DPO 112 mobilizou aos bombeiros do Porriño, de Vilagarcía, de Vigo e do Morrazo, así como un helicóptero e un axente de incendios forestais. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos do 061, da Garda Civil e da Policía Local do Porriño. 

Medios de Portugal, concretamente os bombeiros de Valença do Miño e persoal de Protección Civil de Viana de Castelo sumáronse ao dispositivo de urxencia despregado polo incendio declarado esta tarde na nave de reciclaxe da empresa Alumisel,

A incorporación de efectivos portugueses produciuse tras a activación do protocolo de cooperación transfronteiriza Ariem, informan fontes do 112 Galicia.