Alfonso Hermida incorpórase ao Goberno local da Coruña

O xornalista, que deixará temporalmente o seu posto na CRTVG, será o director do Área de Deportes
Alfonso Hermida. EP
photo_camera Alfonso Hermida. EP

O xornalista Alfonso Hermida será o director do Área de Deportes do Concello da Coruña, cargo polo que deixará temporalmente o seu posto na Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)

A nova concelleira de Deportes, Mónica Martínez, a exedil de Cidadáns que se incorporou recentemente ao Executivo coruñés, anunciou este martes na comisión de Deportes a incorporación de Alfonso Hermida ao seu equipo como director de área, informan a Efe fontes municipais.

O que foi presentador da Televisión de Galicia únese así ao Executivo local, nunha concellaría dirixida tamén por unha xornalista. O nomeamento aínda non se fixo efectivo. 

Comentarios