jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

'Alien', a estraña criatura mariña que apareceu en Samil

Phronima sedentaria. TVG
Phronima sedentaria. TVG

A Phronima sedentaria, que inspirou a Ridley Scott, usa o corpo doutro ser vivo para sobrevivir

Phronima sedentaria. Ese é o nome da estraña criatura que foi achada recentemente na praia viguesa de Samil. Os responsables foron un home e o seu can e o achádego chegou aos biólogos do CSIC de Vigo, quen confirmaron que se trata deste anfípodo de curioso comportamento, pois usa o corpo doutro ser vivo para sobrevivir.

A esta criatura bautizárona xa como Alien, porque foi a que inspirou a Ridley Scott á hora de concibir o horripilante becho na película homónima. 

Adoitan vivir a 1.000 metros de profundidade, de aí o excepcional do seu descubrimento, segundo explican os científicos a GCiencia. Os exemplares xa foron devoltos ao mar.

'Alien', a estraña criatura mariña que apareceu en Samil
Comentarios