Ameazan cunha pistola e amordazan a un matrimonio para roubarlles en Boborás

As vítimas teñen 90 e 84 anos ► Un dos asaltantes foi retido polos veciños

Dous individuos encapuchados e armados asaltaron este sábado unha vivenda familiar situada en Pazos do Arenteiro, no municipio ourensán de Boborás, onde amordazaron ao matrimonio a punta de pistola e déronse á fuga.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron o sábado obre as dúas da tarde nunha vivenda situada en Pazos de Arenteiro, en Boborás, aínda que as vítimas non presentan "ningún tipo de lesión".

Unha coidadora de 32 anos, veciña da localidade ourensá de Barbadás, relatou á Garda Civil que atopou a un matrimonio de 90 e 84 anos amordazado e que viu a dous individuos encapuchados dentro da vivenda que estaban a ameazar cun arma de fogo a estas persoas, os cales se deron á fuga tras tirala ao chan.

Desprazados ata o lugar, axentes da Garda Civil localizaron a un dos presuntos asaltantes, un home, veciño de Ourense, de cincuenta anos, que fora "retido por veciños da localidade" e que foi identificado pola coidadora como un dos ladróns. A Garda Civil estableceu un dispositivo para tratar de localizar ao segundo asaltante.