viernes. 13.12.2019 |
El tiempo
viernes. 13.12.2019
El tiempo

A Garda Civil amplía a toda Galicia a investigación polo intento de secuestro na Laracha

Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP
Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP
Tres nenas víronse obrigadas a fuxir logo de que dous homes se achegaran a elas nun parque en actitude ameazante, un deles portando unha arma branca

O pasado domingo unha adolescente denunciou ante a Garda Civil de Laracha que dous homes intentaron secuestrala o sábado xunto a dúas amigas. Os axentes iniciaron nese momento unha investigación para identificar os dous homes.

Agora, a Comandancia da Garda Civil da Coruña decidiu ampliala a toda Galicia. Os dous sospeitosos responden a unha descrición que os enmarca nuns 40 anos de idade e raza branca.

Segundo conta unha das menores, pois as outras dúas estaban nun estado tal de nerviosismo que non puideron relatar o ocorrido, que estaban sentadas sobre as oito e media da tarde nas inmediacións da rúa José Manuel Ferreira Peneda e que viron a dous homes que se baixaron de dous vehículos, un escuro tipo monovolume e o outro gris escuro. Un deles, conta a menor, portaba unha arma branca, polo que se asustaron ao velo e botaron a correr, e incluso o home acelerou o paso detrás delas, asegura, aínda que non lles dixo nada ás adolescentes en ningún momento.

Sobre a marcha, avisaron á Policía local, que á súa vez alertou á Garda Civil, pero dado que estaban moi alteradas, os axentes aconselláronlles que se tranquilizasen porque no estado no que estaban non lles podían coller a denuncia.

Non houbo contacto físico nin verbal coas menores

Unha delas, máis sosegada, foi a que interpuxo a denuncia en Laracha, na que relatou os feitos, e aínda que a Garda Civil investiga a identidade dos dous homes, non se lles pode achacar ningún delito.

Así mesmo, o pai dunha das menores, que está en Polonia, alertou destes feitos en Facebook e, aínda que nun primeiro momento acusou á Garda Civil de non querer tomar declaración ás nenas, despois rectificou por non ser o que ocorreu.

Fontes da Policía local de Laracha explican a Efe que esta denuncia recolle un "intento de secuestro moi esaxerado" e por iso aconsellan "tranquilidade" xa que neste caso nin houbo contacto físico nin verbal. Máis ben tratouse dun "susto" das menores que no peor dos casos "puido chegar a ser algo, pero non se sabe o que", engaden as fontes.

A Garda Civil amplía a toda Galicia a investigación polo intento de...