A campaña electoral galega apura os días e as axendas de actos, que traerán de novo á comunidade ao líder de Vox, Santiago Abascal. O deputado estará en Galicia o venres, o sábado e o domingo, como avanzou a través dunha publicación de Twitter que non deixou indiferente á atleta galega Ana Peleteiro.
"Mellor queda na casa", respondeulle tamén a través da rede social a deportista de Ribeira, un dos municipios nos que estará o líder de Vox. "O único que ten de verde GALICIA son os montes. De nada", engadiu.
Mellor queda na casa. O único que ten de verde GALICIA son os montes.
— ANA PELETEIRO BRIÓN (@apeleteirob) July 2, 2020
De nada.
A vixente campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta replicaba así ao anuncio de Abascal, que acompañou o avance da súa axenda co hashtag #GaliciaEsVerde. Abascal está o venres en Lugo, o sábado na Coruña e o domingo en Ribeira.