martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

Ana Pontón dá a luz a Icía, a súa primeira filla

As mans de Ana Pontón e a súa filla. TWITTER (@anaponton)
As mans de Ana Pontón e a súa filla. TWITTER (@anaponton)
A portavoz nacional do BNG fixo público o seu embarazo a mediados do pasado mes de setembro

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu a luz á súa primeira filla este martes no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. A pequena recibiu o nome de Icía

Pontón lanzou a seguinte mensaxe nas redes tras o nacemento: "Naceu Icía e sinto que hai unha razón máis para soñar un futuro mellor. Tela á miña beira, tan pequena e con toda a vida por diante, dáme máis forza para converter en realidade os nosos desexos. Por Icía e por todas as crianzas, que merecen un mundo máis xusto!".

A portavoz do BNG tamén quixo agradecer á Sanidade Pública os servizos prestados.

Pontón tiña previsto entrevistarse con representantes de asociacións de transportistas este mesmo martes, pero finalmente acudiu á reunión o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, en solitario.

A portavoz nacional do BNG fixo público o seu embarazo a mediados do pasado mes de setembro. "Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou a vivir un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoitos semanas!! Non podía ser máis feliz", escribiu entón.

Precisamente, o parto de Pontón no Clínico de Santiago prodúcese tan só dous días despois da súa presentación oficial como candidata á Presidencia da Xunta para as eleccións previstas, salvo adianto, para o próximo outono.

Ana Pontón dá a luz a Icía, a súa primeira filla
Comentarios