Ana Prieto e Yolanda Díaz, as deputadas galegas máis influentes en Twitter

Patxi López, Aitor Esteban e Pedro Sánchez destacan como os deputados con máis 'fake followers' nos seus perfís
Ana Prieto e Yolanda Díaz. AEP
photo_camera Ana Prieto e Yolanda Díaz. AEP

Ana Prieto, deputada do PSdeG por Lugo e Yolanda Díaz, deputada de Unidas Podemos por Pontevedra, son as deputadas galegas con máis influencia en Twitter, segundo o estudo Deputados en Twitter 2019, elaborado pola consultora Lasker e a compañía REBOLD.

O estudo baséase en medir a influencia dos deputados electos en Twitter analizando as súas conversacións e, doutra banda, en realizar unha comparativa sobre os políticos e as temáticas máis relevantes reflectidas nos seus perfís, así como a súa conexión coa opinión pública, nos períodos electorais do 28A e o 10N.

RÁNKING. O Top 10 dos deputados máis influentes en Twitter son, de maior a menor influencia, Alberto Garzón, Coordinador Xeral de Esquerda Unida; Pedro Sánchez, Presidente do Goberno de España; José Antonio Rodríguez Salgas, deputado por Granada do PSOE; Juan López de Uralde, deputado por Álava de Unidas Podemos; María Muñoz, deputada por Valencia de Ciudadanos; Inés Sabanés, deputada por Madrid de Más País; Iván Espinosa de los Monteros, deputado por Madrid de VOX; Patxi López, deputado por Bizkaia do PSOE; Odón Elorza, deputado por Guipuzkoa. Os políticos Odón Elorza e Inés Sabanés entran no ranking debido á saída do mesmo de Oriol Junqueras, Presidente de Esquerra Republicana e Daniel Lacalle, quen renunciou á súa acta de deputado por Madrid do PP tras as eleccións do 28A. Esta lista de influencia reflexa os deputados con máis seguidores e aqueles cuxo contido é máis compartido e comentado.

Do mesmo xeito que nas eleccións do 28 de abril, o partido político con máis representantes nesta táboa é o Partido Socialista, con catro deputados, seguido por Unidas Podemos con dous deputados. VOX e Más País entran no ranking cun deputado cada un. Albert Rivera é un dos políticos máis influentes durante a campaña electoral do 10N pero a súa retirada da política deixa a Ciudadanos con só unha deputada nesta lista.

Destacados líderes políticos como Santiago Abascal (posición 14), Pablo Iglesias (posición 16) e, finalmente, Pablo Casado (posición 61) non se atopan dentro da lista.

Comentarios