domingo. 12.07.2020 |
El tiempo
domingo. 12.07.2020
El tiempo

Animalistas esixen suspender a caza ante o risco extremo de incendios

Un cazador co seu can. AEP (ARQUIVO)
Un cazador co seu can. AEP (ARQUIVO)
Libera apela  á "responsabilidade" do Executivo autonómico.

A Asociación Animalista Libera pediu este xoves á Consellería de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia que suspendan a caza ante o elevado Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI), que advirte dun risco extremo en boa parte da comunidade.

"Ante un IRDI tan alarmante desde as 8.10 horas, os departamentos da Xunta deberían activar a interrupción das batidas durante os próximos días como medida adicional de prevención", reclamou Libera a través dun comunicado no que apelou á "responsabilidade" do Executivo autonómico.

A asociación fixo referencia nas memorias da Fiscalía Superior de Galicia en relación ao Medio Ambiente e o Urbanismo, "que veñen apuntando que unha parte dos incendios son intencionados por intereses de cazadores", polo que, tendo en conta do risco extremo de lume, "unha suspensión estaría xustificada".

En paralelo a esta medida de urxencia, Libera pediu que os axentes ambientais investiguen "posibles intereses cinexéticos no desastre incendiario de Porto do Son", tras o que recordou que a Fiscalía solicitou recentemente quince anos de cárcere a un cazador por un incendio presuntamente provocado en Ribeira en 2013 e que calcinou 200 hectáreas.

A asociación animalista tamén reiterou a súa aposta por unha modificación da Lei de Montes e da Lei de Patrimonio Natural recentemente aprobada no Parlamento de Galicia para incrementar os prazos para que actividades económicas como a caza retornen a zonas queimadas.

"Na actualidade, a Xunta autoriza as batidas só tres anos logo dun incendio, aínda que pode facelo incluso antes apoiándose en supostos informes técnicos", concluíu. 

Animalistas esixen suspender a caza ante o risco extremo de incendios
Comentarios