martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Animalistas levan ante a valedora a ampliación da tempada de caza do xabaril

Un cazador con su perro en la pasada temporada de caza mayor. AEP (ARCHIVO)
Un cazador con su perro en la pasada temporada de caza mayor. AEP (ARCHIVO)

Lamenta as últimas decisións do Comité Galego de Caza ao entender que "traspasan as súas competencias"

Os colectivos de defensa dos dereitos dos animais Libera! e Fundacion Franz Weber trasladarán unha queixa ante a titular do Valedor do Pobo, Milagres Otero, polas decisións do Comité Galego de Caza de ampliar a tempada cinexética de xabaril e contra a posibilidade de disparar en zonas agora prohibidas, informan nun comunicado.

Os animalistas consideran que as últimas decisións anunciadas polo Comité Galego de Caza na súa reunión do venres "traspasan as competencias" deste órgano consultivo e basearíanse "en aspectos paracientíficos".

Os animalistas refírense de forma concreta a posibilidade de ampliar a tempada de caza de xabarís case un mes máis con respecto á tempada anterior, e alertan sobre o perigo doutra das medidas, a revisión da Lei de Caza para modificar a utilidade dos vedados, espazos onde non se pode disparar actualmente.

"A Xunta parece estar disposta a modificar, unha vez máis, a normativa de 2013 para posibilitar a realización de cacerías nestas zonas seguras co obxectivo de masacrar aos xabarís, o que se suma ao anunciado decreto para permitir que os propios cazadores vendan a carne dos mesmos", sinalan.

A Fundación Franz Weber e a asociación Libera advertirán á valedora acerca do que entenden como "unha progresiva desregulación" das prácticas cinexéticas en Galicia, e recordaranlle que a súa institución pediu hai case seis anos a modificación dalgúns apartados da Lei de Caza, "unha recomendación -indican- á que fixo caso omiso Medio Ambiente e aínda se pode cazar en camiños sen sinalizar ou sen asfaltar, co consecuente perigo para a cidadanía".

Os defensores dos animais pregúntanse se a actual composición do Comité Galego de Caza, "copado polos cazadores dunha determinada federación e polo propio Goberno galego, cumpre coas directrices sobre igualdade de oportunidades e representación paritaria". 

Animalistas levan ante a valedora a ampliación da tempada de caza...
Comentarios