sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Anova abre o diálogo con Podemos e EU para unha candidatura á marxe de En Marea

Os portavoces nacionais de Anova Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez. XOÁN REY (EFE)
Os portavoces nacionais de Anova Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez. XOÁN REY (EFE)

O comunicado da formación de Beiras parece confirmar a fenda irreconciliable cos villaristas

A formación galega Anova confirmou que iniciará un proceso de "diálogo político" con Esquerda Unida e Podemos, sen citar a En Marea, para reforzar un proxecto de "unidade popular" en Galicia de cara a presentarse ás eleccións xerais do 26 de abril, co obxectivo de "frear" a deriva "autoritaria" do "bloque reaccionario de PP, Cs e Vox". 

No mesmo sábado no que en En Marea, liderada por Luís Villares, activa as súas primarias para elixir candidatos para o 28 de abril, Anova comunicou formalmente a súa intención de iniciar o proceso de diálogo. Como punto de partida, sitúa dar continuidade ao camiño que iniciaron AGE, as mareas municipais e o Acordo de Mazarelos, xunto coa Asemblea de Vigo como "aposta pola ruptura democrática". 

Nun comunicado no que en ningún momento cita a En Marea, parece confirmarse a fractura interna que se viviu esta semana, cando catro do cinco deputados no Congreso votaron a favor dos Orzamentos Xerais do Estado. Desta forma, seguiron as directrices de Unidos Podemos pero non as da dirección de En Marea de Luís Villares, que só apoiou a deputada Alexandra Fernández co seu voto en contra das contas do PSOE. 

O comunicado de Anova confirma a fractura interna de En Marea: os indicios apuntan a unha candidatura dos villaristas e outra de Podemos con EU e parte de Anova

Neste contexto, Anova proclama que as eleccións do 28 de abril convócanos "a sumar forzas" para "frear "unha deriva autoritaria" impulsada por "forzas políticas ultraconservadoras". 

Un chamamento específico contra unha "deriva autoritaria alentada pola tríada reaccionaria de PP, Ciudadanos e Vox que se fixeron co goberno de Andalucía e queren facerse co control do Goberno do Estado para limitar dereitos sociais e democráticos fundamentais pondo en risco a convivencia democrática". 

Ante esto, Anova Irmandade Nacionalista insta a "activar, política e socialmente", "unha maioría cidadá" para "derrotar o programa de austeridade neoliberal e a tentación de limitar as liberdades e recentralizar o Estado", do que acusan ao "bloque reaccionario que lideran Casado, Rivera e Abascal". 

É máis, Anova alerta de que "os dereitos e liberdades conquistados tras anos e anos de loita se atopan en perigo", o que fai que o 28 de abril "non sexa unha cita electoral calquera". "O seu resultado determinará unha solución autoritaria ou democrática para superar a crise do Réxime do 78 que deixou á luz o 15-M e o dereito a decidir en Cataluña o 1-O". 

"Continuidad ao camiño da Unidade Popular"
Anova recalca que ten "unha responsabilidade enorme" cos cidadáns que queren "un instrumento político para as maiorías sociais de Galicia que non se resignan", e por isto avoga por dar "continuidade ao camiño de Unidade Popular" iniciado anos atrás. 

E tras citar a Esquerda Unida e Podemos e eludir en todo momento a En Marea remarca que inicia o diálogo político cos aliados cos que compartiu espazo, xunto con axentes cidadáns e sociais, para definir a alternativa coa que presentarse ás eleccións xerais de abril. 

​De feito, EU xa se posicionou este sábado tamén na mesma liña que Anova para "recuperar a unidade popular" en Galicia.

Anova abre o diálogo con Podemos e EU para unha candidatura á marxe...
Comentarios