Antonio Resines é nomeado embaixador da Asociación Galega de Atrofia Muscular Espiñal

A organización, creada hai tres anos por unha cambadesa, destacou a gran involucración no proxecto do actor

Antonio Resines. TVG
photo_camera Antonio Resines. TVG

A Asociación Galega de Atrofia Muscular Espiñal nomeou este domingo como embaixador a Antonio Resines. O acto tivo lugar na vila de Cambados, lugar de orixe de Merchi, a persoa que fundou a organización hai tres anos.

En declaracións á TVG, Resines afirmou que se a súa chegada como embaixador á asociación consegue que máis xente contribúa a esta causa, será un éxito.

Comentarios