Aparece o cadáver da moza que foi arrastrada por unha onda no Orzán

Os bombeiros rescataron o cadáver de Andrea Domínguez, desaparecida desde o 30 de abril

Trabajadores del servicio funerario trasladan el cadáver de Andrea Domínguez. CABALAR (EFE)
photo_camera Trabajadores del servicio funerario trasladan el cadáver de Andrea Domínguez. CABALAR (EFE)

O cadáver de Andrea Domínguez, a moza ourensá de 22 anos arrastrada polo mar na Coruña fai once días, foi recuperado este luns.

O corpo apareceu flotando uns 200 metros no mar de onde desaparecera, na denominada coraza do Orzán, que separa as praias de Orzán e de Riazor. O corpo foi recollido polos bombeiros, que realizaban traballos de procura, tras a voz de alerta que deu un veciño que o avistou.

En calquera caso, a concelleira de Seguridade, Rocío Fraga, explicou que o corpo será levado ao anatómico forense para confirmar a identidade.

A familia decatouse polos medios de que aparecera un corpo flotando na baía, explicou esta concelleira, que dixo que falou co pai e transmitiulle as mesmas cautelas.