lunes. 26.10.2020 |
El tiempo
lunes. 26.10.2020
El tiempo

Aprazada ao 26 de maio a vista de apelación do caso Diana Quer

Imaxe da televisión que retransmitiu o xuízo contra José Enrique Abuín Gey. EFE
Imaxe da televisión que retransmitiu o xuízo contra José Enrique Abuín Gey. EFE

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou aprazar a vista de apelación polo crime de Diana Quer, prevista para o 28 de abril, ao 26 de maio ás once da mañá.

Os maxistrados indican na providencia que persisten os motivos que deron lugar á anterior suspensión, pois inicialmente a celebración foi sinalada para o pasado 31 de marzo, e por iso se produce este novo adiamento.

As razóns son, xa que logo, a vixencia do estado de alarma pola crise sanitaria e a afastada data de vencemento da prisión provisional decretada para o único procesado, José Enrique Abuín Gey, El Chicle, que vence en decembro de 2032. 

Aprazada ao 26 de maio a vista de apelación do caso Diana Quer
Comentarios