jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Unha árbore caída provoca atrasos en tres liñas de tren entre Vigo e Ourense

Un tren na estación de tren de Vigo Guixar. AEP.
Un tren na estación de tren de Vigo Guixar. AEP.
Os pasaxeiros han tidos que baixarse no Porriño e ser trasladados en bus ata o seu destino

Unha árbore caída na vía provocou detencións e atrasos este domingo no tramo entre Vigo e Ourense realizado por tres liñas de tren, segundo informan a Europa Press fontes de Adif. 

En concreto, o primeiro convoi que se topou con esta incidencia ao redor das 7.50 desta mañá foi o de media distancia Vigo-Ponferrada-León e quedou detido entre a parada de Guillarei, en Tui, e Salvaterra. 

Ademais deste servizo, quedou afectado o de media distancia que fai a ruta Vigo-Ourense, cuxos pasaxeiros tiveron que baixarse no Porriño para ser levados ata a cidade das Burgas en autobús. 

Tamén foi cortado o servizo do tren 'intercity' entre Vigo e Bilbao, que pasa por Ourense. Quedou detido desde as 10.00 da mañá en Guillarei. 

A previsión de Adif é que a vía estea de novo operativa a partir das 12.00 horas. O temporal que este domingo afecta as provincias do sur de Galicia foi o culpable da caída desta árbore que provocou sendas incidencias no servizo ferroviario. 

Unha árbore caída provoca atrasos en tres liñas de tren entre Vigo...
Comentarios