Arde outra vez unha nave de reciclaxe do polígono porriñés das Gándaras

O último incendio nas instalacións de Xesnatura produciuse o pasado verán

Los bomberos, ante la planta de Xesnatura en O Porriño. CRTVG
photo_camera Los bomberos, ante la planta de Xesnatura en O Porriño. CRTVG

Unha nave de reciclaxe de residuos situada no polígono das Gándaras, no Porriño, volveu arder este xoves de madrugada. Non é a primeira vez que se declara un lume nas instalacións de Xesnatura, a última delas no verán.

Os bombeiros do Porriño recibiron o aviso sobre as 03.15 horas e ata o lugar tamén se desprazaron e tamén se mobilizaron os servizos de urxencias de Mos e os bombeiros de Vigo e O Morrazo. O lume calcinou unha montaña de residuos de 300 metros cadrados.