miércoles. 19.02.2020 |
El tiempo
miércoles. 19.02.2020
El tiempo

Ascenden a dez os falecidos por gripe en Galicia

Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe. AEP
Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe. AEP
Ata o momento producíronse 456 ingresos por este motivo na comunidade

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fixo públicos este venres os datos do terceiro informe de actividade gripal de 2020, que eleva ata dez o número de falecidos en Galicia afectados por este virus no que vai de ano.

Dito documento diferencia que entre os falecidos hai catro persoas que morreron a causa do virus (4) e seis que o portaban no momento do seu falecemento, aínda que indica que, de todas elas, nove foran prescritas coa vacina, que recibiran todos menos dúas.

O Sergas tamén informa que, ata a data, producíronse 456 ingresos no sistema sanitario galego de pacientes con gripe, dos que 236 foron dados xa de alta.

Ata 33 dos asistidos necesitaron atención de coidados intensivos e, respecto da vacina, había 206 sen vacinar a pesar de ser recomendada en 351 casos.

De entre os ingresados, as probas sobre o tipo de virus que afecta a cada un arroxan o seguinte balance: 390 con virus A, 64 con virus B, 1 con virus C e 1 con virus A e B á vez.

Os rexistros de atención primaria do Sergas expoñen que a intensidade da gripe aínda é baixa, aínda que a súa difusión xa sexa xeral e de tendencia crecente. 

Ascenden a dez os falecidos por gripe en Galicia