martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

A Asociación Galega de Apicultura quéixase dos continuos ataques da vespa velutina

Velutina. PIXABAY
Velutina. PIXABAY
Os apicultores aseguran que hai "pleno descontrol da praga nos eidos apícola, froiteiro e vinícola, forestal, social e ambiental" ► A AGA carga contra a Administración autonómica pola súa falta de actuación

A Asociación Galega de Apicultura sostén que os ataques da velutina están a ser unha constante este mes de agosto. Os tártagos inciden tanto contra persoas como contra froitas e abellas. Así, manteñen que esta especie de avespa supón un risco non só para os abelleiros, senón para a poboación en xeral.

Son habituais os casos de persoas que, mentres están a realizar actividades laborais ou de lecer na natureza, sofren numerosas e perigosas picadas "producidas ao molestaren os niños das velutinas sen se decataren ou por descoidos de non avaliaren previamente o terreo".  Ditos accidentes poden ser de carácter grave, e mesmo provocar o falecemento da vítima.

De acordo con isto, desde AGA aconsellan a todos aqueles que vaian a realizar tarefas no campo, tales como a roza, que se equipen cun traxe de apicultor para o efecto.

En canto aos apicultores, a asociación recomenda a colocación de arpas e de biqueiras antivelutina na entrada das colmeas, ademais de alimentar as abellas cun pouco xarope.

Así mesmo, a Asociación Galega de Apicultura quéixase da falta de actuación da Administración autonómica, a cal din "non está a controlar a situación tartagueira, cunha gran descoordinación e multitude de queixas polos perigos evidentes para as persoas" e reiteran que a "defensa non pode ser abarcada exclusivamente polo sector apícola" posto que "as velutinas representan un problema ambiental global".

A Asociación Galega de Apicultura quéixase dos continuos ataques da...
Comentarios