Atopan na Coruña o coche roubado en Castro e á cadela en bo estado de saúde

Segundo explicou a dona, o vehículo estaba estacionado en marcha, e coas luces acendidas, nun aparcamento próximo á Nacional VI

 

Nika, a dona e o seu irmán. EP
photo_camera Nika, a dona e o seu irmán. EP

Amigos da familia da moza que sufriu o roubo do seu vehículo o venres pola tarde na céntrica Avenida Terra Chá de Castro de Ribeiras de Lea recuperaron preto da Coruña o vehículo substraído e a cadela no seu interior, sana e en bo estado.

"Foi un amigo do meu irmán e outro rapaz os que atoparon o coche e a Nika dentro. Estaban buscando pola zona, moita xente se sumou por diferentes puntos de Galicia e tamén de fóra", explicou a irmá, agradecida polas mostras de cariño e por poder narrar o final feliz da historia.

Segundo exNota que deixou o ladrón no coche. EPplicou a moza, o vehículo estaba estacionado en marcha, e coas luces acendidas, nun aparcamento próximo á Nacional VI, despois da localidade de Cambre, e preto dun hotel.

O ladrón, que polo que cren os familiares tivo compaixón do animal, tamén deixou unha nota no parabrisas do vehículo, na que se podía ler: "Coche robado. Avise Guardia Civil. Hay un perro dentro. Tiene las llaves puestas".

"Cremos que deixou as luces e o coche en marcha para que alguén se dera conta canto antes. Ao final sacou un pouco de corazón", dixo a irmá da dona de Nika, que dende o roubo estivo buscando ao animal.

Incluso, se plantexaron a posibilidade de entregar unha recompensa de 3.000 euros e tamén trataron de revisar calquera detalle que puidera dar co paradoiro do autor do roubo.

Así, este sábado revisáronse as cámaras de seguridade de diferentes negocios e de vivendas. Nunha delas comprobouse que o vehículo pasara á tarde por Outeiro de Rei.

O vehículo que foi roubado. EP

Por sorte, as pesquisas acadaron o efecto esperado e Nika e a súa propietaria puideron reencontrarse de novo este sábado á noite, despois de moitas horas de desesperación.

Comentarios