martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Atopan ferido o xinete que desapareceu a cabalo o venres en Cangas

Foi trasladado en helicóptero ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Os servizos de urxencias localizaron na mañá deste sábado a un home que desaparecera no mediodía do venres logo de saír do seu domicilio en Cangas montado nun cabalo. Atendendo á información do 112, foi atopado ferido nunha zona de difícil acceso no lugar de Gandón, na parroquia de Aldán, sobre as 11.30 horas.

Para o rescate, o Servizo de Gardacostas de Galicia mobilizou o helicóptero Pesca I, no que foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén desprazou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar no que foi localizado.

O 112 tivo constancia da desaparición do home ás 9.30 horas, a través dos axentes da Garda Civil, que coordinaron un operativo de procura no que tamén interviñeron Protección Civil de Cangas e Policía Local.

Atopan ferido o xinete que desapareceu a cabalo o venres en Cangas
Comentarios