jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Atropela un peón no Carballiño e continúa a marcha 

Por outra banda, unha persoa resultou ferida nunha perna ao quedar atrapada a súa perna debaixo dun motocultor, en Ponteareas

Un condutor atropelou co seu vehículo a un peón preto da estación de tren do Carballiño e continuou a marcha, segundo informa o 112. 

Antes, o vehículo implicado impactara contra outro, "presumiblemente de forma intencionada", segundo apuntan as mesmas fontes. 

Ocorreu sobre as 17.30 horas, cando o 112 recibiu o aviso dun atropelo a un peón no Carballiño nas inmediacións da estación de tren. 

Foron informados os bombeiros, Policía Local e Protección Civil, así como Policía Nacional, que está a investigar os feitos. Foi debido ao impacto co outro vehículo cando, ao tratar de continuar a marcha, atropelou a un peón, que tivo que ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia.

MOTOCULTOR. Por outra banda, unha persoa resultou ferida ao quedar atrapada a súa perna debaixo dun motocultor, en Ponteareas. 

En concreto, o accidente produciuse na entrada de Augalevada ás 18.00 horas. Foi nese momento cando os xestores de urxencias informaron ao 061, bombeiros e Garda Civil. Tamén pasou aviso aos axentes de Policía Local e Protección Civil. 

Atropela un peón no Carballiño e continúa a marcha 
Comentarios