Auxilian a unha ciclista que caeu nunha antiga batería militar de Ares

A caída puido deberse a un tropezo e a muller queixouse posteriormente pola dor derivada do suceso

Unha ciclista foi auxiliada este mércores en Ares tras caer ao foso dunha antiga batería militar da zona de Montefaro desde unha altura dun seis metros.

Fontes municipais confirmaron a Efe que a afectada, duns 50 anos de idade e iniciais M. P. M., foi trasladada por unha ambulancia do 061 Galicia a un centro sanitario. Persoal de Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e bombeiros de Ferrol acudiu ao momento.

A ferida, que inicialmente presentaba lesións leves, foi rescatada tras recibir o 112 Galicia unha chamada do home que a acompañou no seu percorrido pola contorna, próximo á bocana da ría de Ferrol.

A caída puido deberse a un tropezo e a muller queixouse posteriormente pola dor derivada do suceso e o frío do lugar.

O rescate foi iniciado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal da veciña localidade de Mugardos, onde reside a ferida, que permaneceu consciente e abrigada á espera da chegada de efectivos médicos.

Comentarios