miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

As axudas para renovación de electrodomésticos reciben máis de 1.700 solicitudes nun día

Francisco Conde. DP
Francisco Conde. DP
O proxecto conta cun orzamento de 1,75 millóns de euros e prevese que poida cubrir as necesidades de 9.000 familias

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, mantivo este xoves un encontro con representantes da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos con motivo da posta en marcha da convocatoria de axudas para a renovación de electrodomésticos e para a implantación de strong <>domótica enerxética nos fogares galegos. 

Estas axudas contan cun orzamento de 1,75 millóns de euros e prevese que poidan cubrir as necesidades de 9.000 familias, que poderán obter aforros económicos de 270.000 euros ao ano, co obxectivo de avanzar cara a unha economía máis verde, promovendo a cultura do aforro enerxético. 

Tal e como recordou a Xunta, desde este mércores poden solicitarse as axudas para substituír electrodomésticos por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++. No primeiro día desta iniciativa, a Xunta recibiu máis de 1.700 solicitudes. 

As axudas serán de ata o 25% do prezo para os consumidores xerais, de ata o 50% para os vulnerables e alcanzarán o 75% no caso dos consumidores vulnerables severos. Deste xeito, oscilarán entre os 100 e os 450 euros por electrodoméstico. 

Estas achegas son de concorrencia non competitiva e tramítanse de xeito telemática

Cada beneficiario poderá recibir unha axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada tipoloxía, ata un máximo de dous por persoa, polo que a axuda final pode alcanzar os 900 euros, segundo o tipo de consumidor e electrodoméstico.

DOMÓTICA ENERXÉTICA. En canto á liña de domótica enerxética, que se abriu este xoves, apóiase a monitorización térmica da vivenda e a monitorización eléctrica. As axudas máximas serán de 500 euros por equipo, alcanzando o 50% do prezo da instalación para os consumidores xerais, o 65% para os vulnerables e o 80% para os severos. Cada beneficiario poderá recibir unha axuda. 

Estas achegas son de concorrencia non competitiva e tramítanse de xeito telemática a través de entidades colaboradoras que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. A Xunta destacou que, nestes momentos, hai 502 entidades colaboradoras, aínda que poden seguir sumándose ata finais de xullo. 

As axudas para renovación de electrodomésticos reciben máis de...
Comentarios