Baixan os hospitalizados con covid e soben lixeiramente os novos contaxios

Os casos activos sitúanse por baixo dos 5.000 e a taxa de positividade mantense á baixa nun 1,2%
Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO
photo_camera Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO

A presión hospitalaria volveuse a reducir tras o lixeiro repunte da xornada anterior ao descender en 48 os pacientes con covid-19 ingresados en unidades convencionais en Galicia, mentres que os que se atopan en Uci mantéñense en 105. Pola súa banda, os novos contaxios diarios subiron lixeiramente a 117, despois de caer a 103 o día pasado.

Así se constata nos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas deste luns, nos que se indica que hai 105 persoas con covid en Uci na Comunidade galega -sen cambios- e 383 noutras unidades, o que supón 48 menos que as 431 rexistradas até o día anterior.

En concreto, os ingresados con coronavirus redúcense no sete áreas sanitarias galegas, especialmente na de Ferrol, onde caen a sete as persoas en Uci -un menos- e a 47 as que se atopan noutras unidades -16 menos-; mentres que na de Santiago e Barbanza mantéñense en 18 as persoas en críticos e baixan a 38 as doutras unidades -12 menos-.

En canto á área de Lugo, os pacientes covid en Uci mantéñense en 14, pero caen a 22 os doutras unidades -sete menos-; na de Pontevedra e O Salnés baixan a 11 o críticos -un menos- e a 44 os doutras unidades -catro menos-.

A tendencia descendente persiste tras varias semanas no relativo aos casos activos

Polo seu lado, na área sanitaria de Vigo os ingresados covid en Uci descenden a 15 -un menos- e os que se atopan noutras unidades caen a 60 -tres menos-; na da Coruña e Cee os críticos soben a 37 -tres máis-, pero os doutras unidades baixan a 137 -cinco menos-; mentres que a de Ourense segue con tres en Uci e conta con 35 noutras unidades -un menos-.

MENOS CASOS ACTIVOS. A tendencia descendente persiste tras varias semanas no relativo aos casos activos, que se sitúan por baixo dos 5.000 ao caer até os 4.953, o que supón 254 menos que a xornada anterior, situación que non se producía desde mediados de outubro do pasado ano.

Os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias. Deste xeito, do total, 1.612 corresponden á área da Coruña e Cee; 842 á de Vigo; 722 á de Pontevedra e O Salnés; 554 á de Santiago e Barbanza; 487 á de Ferrol; 456 á de Lugo; e 280 á de Ourense.

En canto aos novos contaxios diarios detectados por diferentes tipos de probas, aumentaron lixeiramente a 117, tras caer a 103 a xornada anterior -que supuxeron a metade que os do domingo-, dos cales 70 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas -31 menos que o día pasado-.

A comunidade galega realizou até o momento, segundo os últimos datos actualizados, 1.676.059 PCR

Deses 70 positivos confirmados por PCR, 27 corresponden á área sanitaria de Vigo; 15 á de Pontevedra e O Salnés; 12 á da Coruña e Cee; cinco á de Santiago e Barbanza; outro cinco á de Ourense; tres á de Ferrol; e outro tres á de Lugo.

Por tanto, os contaxiados con covid-19 na Comunidade galega ascenden a 112.738, dos cales 26.892 corresponden á área da Coruña e Cee; 21.223 á de Vigo; 17.980 á de Santiago e Barbanza; 14.551 á de Ourense; 12.403 á de Pontevedra e O Salnés; 11.716 á de Lugo; e 7.973 á de Ferrol.

PCR E POSITIVIDADE. A comunidade galega realizou até o momento, segundo os últimos datos actualizados, 1.676.059 PCR, o que supón 4.090 probas máis que as rexistradas até a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- mantense á baixa, nun 1,2%, após descender a un 1,6% a xornada pasada, polo que segue por baixo dese 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa como máximo para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS. Desde o inicio da pandemia faleceron diagnosticados con covid-19 un total de 2.252 persoas, despois de notificar na noite deste luns Sanidade 14 novas vítimas.

Destas 14 falecidos, un prodUciuse este luns e o resto foron vítimas rexistradas desde o venres pasado. Todas elas presentaban patoloxías previas.

Até a data curáronse de coronavirus 105.552 pacientes na Comunidade galega, o que supón 358 máis que as persoas rexistradas a xornada anterior.
 

Comentarios