Baltar non pecha un acordo con Democracia Ourensana

O presidente do ente provincial ourensán confesa que mantén conversacións con Pérez Jácome

Manuel Baltar. EP
photo_camera Manuel Baltar. EP

O presidente do PP da provincia de Ourense, Manuel Baltar, asegurou que "a día de hoxe" continúa aberto "calquera escenario" que permita gobernar na Deputación e no Concello.

Baltar fixo estas declaracións tras defender a súa intención de buscar "o" mellor para Ourense, sen pechar a porta a un posible acordo con Democracia Ourensana.

A falta de dous días para a reunión plenaria prevista para a de constitución do novo goberno municipal, Baltar fixo un chamamento a esquecer as "historias pasadas" e a centrarse nun "novo escenario" que medirá "a grandeza das persoas".

Dito escenario podería ser o der un posible acordo co líder de Democracia Ourensana (DO), Pérez Jácome, con quen mantén conversacións para "falar de Ourense". 

Baltar fixo estas declaracións a un grupo de xornalistas ao concluír o acto de entrega da medalla de ouro da provincia de Ourense ao doutor Luis Rodríguez Míguez.

O dirixente do PP avogou porque o PP, como partido con máis votos na provincia de Ourense, e polo "peso" do "resultado electoral" nos comicios do pasado 26 de maios, debería gobernar porque obtivo "un número de votos superior a socialistas e nacionalistas xuntos".

Así, aludiu á importante vantaxe que supón contar cun candidato "coñecido" que "sabe como se xestiona" o organismo e un programa electoral, fronte ao resto de forzas que aínda non saben "quen vai ser o seu candidato para presidir a Deputación".

En plenas negociacións políticas non só con DO senón tamén con Cs, Baltar mostrouse partidario de gobernos "de coalición" mellor que "en minoría", que permitan dar estabilidade á cidade e á provincia e non repetir a experiencia dos últimos catro anos.

Preguntado polas negociacións abertas en concellos como Ribadavia e Maceda, opinou que debe gobernqar o partido máis votado, o PP.

Previamente, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendía nunha visita ao Concello O Carballiño para arroupar ao alcalde, Francisco Fumega, que goberne o seu partido na cidade de Ourense, por ser o que máis votos obtivo na cidade.

Caballero exhortou ao resto de partidos con representación na cidade de Ourense " responsabilidade" e a ter "altura de miras" a fin de poder "abrir unha nova etapa política" na cidade e na provincia.

Comentarios