lunes. 25.01.2021 |
El tiempo
lunes. 25.01.2021
El tiempo

Un barco francés de armador asturiano, en corentena en Burela tras dar un tripulante positivo en coronavirus

O barco Carla, en Burela. X. LOMBARDERO
O barco Carla, en Burela. X. LOMBARDERO
Persoal sanitario realizou esta mañá as probas ao resto da tripulación

O barco Carla, de bandeira francesa e armador asturiano arribou na mañá deste martes ao porto de Burela para realizar a pertinente corentena sanitaria tras confirmarse un caso positivo en coronavirus entre un dos tripulantes, o cal fixo a proba o pasado mércores en Asturias, ao ser o armador de Cudillero.

O afectado, de Avilés, coñeceu o resultado durante o fin de semana, polo que tivo que poñer rumbo a terra desde as augas francesas onde faenaba, atracando na mañá deste martes no porto burelense. Ao peirao acudiu un equipo sanitario para realizar as probas ao resto da tripulación, composta por españois e portugueses e con patrón francés.

O tripulante, que está á espera da confirmación do seu positivo e someteuse á proba ao embarcar xunto a outros dous compañeiros, declara que é "unha lotaría". Ademais de afirmar que o das distancias sociais é difícil de manter.

Co barco xa amarrado en Burela, o mariñeiro afectado desembarcou durante uns minutos nos que, xunto aos seus compañeiros e nunha contorna no que estaba illada a tripulación, estirou as pernas e fumou un pitillo. Mentres, realizouse unha desinfección da embarcación.

Axentes da Garda Civil entregaron esta mañá aos tripulantes máscaras. Deberán manter as distancias na medida do posible e lavar as mans con frecuencia.

Un barco francés de armador asturiano, en corentena en Burela tras...
Comentarios