Beiras incendia as redes cun polémico tuit sobre as orixes do termo Compostela

O histórico nacionalista criticou os resultados das municipais na capital galega

El político y economista Xosé Manuel Beiras, en la presentación de Nuredin el taxista y Amedine el pintor. CABALAR (EFE)
photo_camera Xosé Manuel Beiras. CABALAR (EFE)

O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras acendeu as redes sociais tras publicar na súa conta de 'Twitter' unha mensaxe para referirse aos resultados das pasadas eleccións municipais, no que menciona unha teoría sobre a orixe terminolóxica de Compostela como "depósito de restos humanos en descomposición". 

"Hai ben anos, D. Ramón Otero Pedraio espricárame que a etimoloxía de Compostela non era Campus Stellae (Campo da estrela), senón un derivado de 'compositum' (depósito de restos humáns en descomposición). As pasadas eleicións municipais confirmárono", considerou Beiras. 

O comentario suscitou numerosas críticas e comentarios negativos por parte de usuarios desta rede social, pedindo desculpas a Beiras polas súas alusións á cidade. 

Nos últimos comicios municipais, a candidatura do socialista Xosé Sánchez Bugallo alzouse coa vitoria, obtendo 10 concelleiros, seguido do PP, con oito edís, ademais da derrota do ata agora alcalde, Martiño Noriega (candidatura apoiada por Beiras), tras caer Compostela Aberta á terceira praza con cinco edís (a metade dos logrados en 2015). 

Comentarios