jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

O Blue Star abandona definitivamente a ría de Ferrol rumbo a Turquía

O Blue Star no porto de Curuxeiras de Ferrol. KIKO DELGADO
O Blue Star no porto de Curuxeiras de Ferrol. KIKO DELGADO
Non será reparado polo seu elevado custo

O buque quimiqueiro Blue Star abandonou sobre as 11.00 horas deste martes 10 de marzo de maneira definitiva o interior da ría de Ferrol após permanecer as últimas semanas atracado nun dos peiraos da empresa naval pública Navantia, onde foi sometido reparacións de emerxencia no seu casco. O Blue Star encallou a finais de novembro do pasado ano na costa de Ares durante un temporal. Quedou sen máquina a consecuencia dun incendio e acabou sobre unha zona rochosa na costa das Mirandas, onde permaneceu durante varias semanas. 

Logo de varios días nos que se tentou retirar o barco quimiqueiro das rocas, o buque foi desencallado e levado ao interior da ría de Ferrol, en concreto ao porto de Curuxeiras, paso previo á súa entrada en dique. Despois de varias semanas, o propietario do buque anunciou que a unidade non sería reparada polo seu elevado custo e que sería levado a Turquía para o seu despezamento.

TRASLADO. O traslado do buque ao país otomán realizarao o remolcador VB Hispania do Grupo Boluda, que arribou o pasado sábado ao porto de Ferrol. O luns desprazouse á zona na que estaba atracado o Blue Star e ao redor das 10.00 horas deste martes partiu xunto co barco sinistrado da ría de Ferrol. 

O remolcador de altura contou coa colaboración doutras dúas unidades, o Ramón Casas e o Hocho, que lograron finalizar con éxito o seu traballo e retirar as estachas unha vez que ambos os barcos excederon o porto exterior de Caneliñas. 

O Blue Star abandona definitivamente a ría de Ferrol rumbo a Turquía
Comentarios