domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

O Blue Star ten varias gretas e "danos estruturais" pero non son graves

El Blue Star, en el muelle de Ferrol. KIKO DELGADO
El Blue Star, en el muelle de Ferrol. KIKO DELGADO
Os tanques de carga están "intactos", segundo a Delegación do Gobierno

O Blue Star, que foi reflotado no mediodía deste martes  na costa de Ares, sofre "danos estruturais" nos tanques de lastre e na hélice, segundo os datos obtidos durante a inspección que varios técnicos realizan ao casco do buque. 

"Obsérvanse danos estruturais, pero non graves", informou este mércores o delegado do Goberno, Javier Losada. O mandatario reuniuse con representantes de Salvamento Marítimo e Capitanía Marítima na Torre de Control, e trasladou que o barco presenta "máis danos por babor que por estribor" e que os tanques de cargas están "intactos". 

O buque quedou atracado sobre as 10.15 horas no peirao de Curuxeiras, no porto interior de Ferrol, tras ser trasladado coa axuda de tres remolcadores desde a dársena de Caneliñas, no porto exterior ferrolán. 

Unha vez avaliados os danos será cando o armador decidirá a que lugar traslada o buque para a súa reparación. Fontes consultadas por Europa Press sinalaron que entre as opcións baralladas atópase un estaleiro de Portugal, xa que o seu desprazamento por mar, en principio, non representaría un problema. 

A comisión de investigación de accidentes marítimos tardará "como mínimo un ano" en determinar as causas deste accidente marítimo, segundo indicou Losada, quen defende a actuación do capitán do buque: "Fixo o que tiña que facer". 

"Existe un protocolo de seguridade", comentou Losada, e serán os técnicos os que valorarán se se restrinxe ou non o fondeo na zona. Para rematar, sinalou que polo momento non está cuantificado o gasto total do operativo de rescate e reflotamento do buque. "Está a facerse inventario de gastos e informarase á aseguradora", engade. 

O Blue Star ten varias gretas e "danos estruturais" pero non son...
Comentarios