viernes. 20.09.2019 |
El tiempo
viernes. 20.09.2019
El tiempo

O BNG acorda facilitar a investidura de Inés Rey como alcaldesa da Coruña

Inés Rey. TWITTER @inesreygarcia
Inés Rey. TWITTER @inesreygarcia

Jorquera  iniciará un proceso de interlocución co PSOE

O BNG acordou facilitar a investidura da candidata socialista Inés Rey como alcaldesa da Coruña o vindeiro sábado na sesión plenaria de investidura, segundo informou este martes pola noite o candidato nacionalista, Francisco Jorquera. A asemblea local do BNG manifestou por maioría a súa disposición a apoiar a Rey, polo que iniciará un proceso de interlocución co PSOE.

As conversacións centraranse na investidura e nas grandes liñas que deben orientar o mandato que comeza o sábado, abundou Jorquera. Por iso, o BNG remitirá aos socialistas coa máxima celeridade as súas propostas, non de cara á investidura, senón a establecer un marco de relación político e programático para o próximo mandato.

Este martes pola tarde, o PSOE mantivo o primeiro encontro con dirixentes da Marea Atlántica, que tamén avanzou o seu respaldo a Inés Rey, no marco negociador para conformar o futuro goberno da Coruña. 

O BNG acorda facilitar a investidura de Inés Rey como alcaldesa da...
Comentarios