sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

O BNG, sobre Díaz: "Tivemos ministros e un presidente galegos e iso non garantiu os intereses de Galicia"

A portavoz do BNG, Ana Pontón. PEPE FERRÍN
A portavoz do BNG, Ana Pontón. PEPE FERRÍN

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deixou claro que "o que garante" a defensa de Galicia no Estado é que o Bloque teña un escano, máis aló de que haxa ministros galegos no Goberno central como Yolanda Díaz, que levará a carteira de Traballo. 

"Neste país tivemos ministras e ministros galegos, un presidente de orixe galega, e creo que a conclusión que podemos sacar é que iso non garantiu a defensa dos intereses de Galicia, o que o garante é que teñamos un escano do BNG", afirmou. 

A preguntas da prensa sobre o nomeamento confirmado este xoves por Moncloa de que Yolanda Díaz encargarase do Ministerio de Traballo, a líder do Bloque afirmou que "o que é decisivo" é o BNG, porque "está a pór sobre a mesa unha axenda galega" nesta lexislatura. 

A nova ministra de Traballo, nacida na localidade coruñesa de Fene en 1971, é licenciada en Dereito e ten un Máster en Recursos Humanos, outro en Relacións Laborais e outro en Urbanismo. Militante de Esquerda Unida e do PCE, Díaz foi deputada no Parlamento galego e concelleira de Ferrol entre os anos 2003 e 2011.

O BNG, sobre Díaz: "Tivemos ministros e un presidente galegos e iso...
Comentarios