domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

O BNG esixe medidas de seguridade nas residencias e "test masivos" no Incio

Prueba para detectar o coronavirus. ARQUIVO.
Prueba para detectar el coronavirus. ARQUIVO.
A deputada do BNG cualifica de "inadmisible" que se repitan algunhas situacións tras meses de pandemia, o que na súa opinión evidencia a "insuficiencia de protocolos" por parte da Xunta
A deputada nacionalista Carme Aira trasladou este venres as condolencias do BNG a familiares e amigos das dúas persoas falecidas pola Covid-19 usuarias da residencia de maiores de O Incio

A parlamentaria do BNG volveu a esixir, ao tempo, a execución de todas "as medidas necesarias" para garantir a seguridade das persoas contaxiadas nas residencias de maiores ou susceptibles de contaxio co seu traslado ou separación si a situación así o require. 

Por outra banda, Carme Aira tamén volveu a demandar "test masivos" no concello do Incio e "un plan exhaustivo de rastrexo para detectar posibles positivos co fin de proceder ao seu illamento". 

A deputada do BNG cualifica de "inadmisible" que se repitan algunhas situacións tras meses de pandemia, o que na súa opinión evidencia a "insuficiencia de protocolos" por parte da Xunta e pregunta cantos rastreadores están destinados a detectar o virus, cantas PCR está previsto realizar na contorna da residencia do Incio e que medidas destinaranse a protexer a persoas non contaxiadas mentres se vela polas asintomáticas. 
 

O BNG esixe medidas de seguridade nas residencias e "test masivos"...
Comentarios