domingo. 12.07.2020 |
El tiempo
domingo. 12.07.2020
El tiempo

O BNG non apoiará a investigación que pide o PP dos contratos menores de CA

El alcalde de Santiago, Martiño Noriega. LAVANDEIRA JR.
El alcalde de Santiago, Martiño Noriega. LAVANDEIRA JR.

Sanmartín lamenta que os populares dilatasen o debate "polo seu interese" 

A portavoz do BNG de Santiago e candidata á Alcaldía, Goretti Sanmartín, asegurou este mércores que o seu partido non apoiará a proposta sobre os contratos menores que levará o PP a pleno municipal este xoves. 

E é que a dirixente nacionalista entende que os dous xeitos de darlle unha solución ao problema "a estas alturas" son ou a través da Fiscalía, "se o ve oportuno o PP nos casos que considere", ou a través da propia poboación co seu voto nas eleccións. 

Sanmartín asegurou que os contratos menores son "figuras legais, perfectamente reguladas e tipificadas", polo que o seu partido non entrará nunha "criminalización do contrato menor". Con todo, aclarou que estes contratos "hai que facelos ben e ter toda a transparencia do mundo, xa que teñen que poder verse e estar ben claros na páxina web do Concello". 

Goretti Sanmartín: "O PP non é quen de dar leccións de transparencia"

A portavoz tamén considerou que o PP "non é quen nin de dar leccións de transparencia con respecto aos contratos menores" xa que o último ano do seu goberno, antes das eleccións municipais, "houbo un claro abuso de contratos menores", nin tampouco por ser "o partido da corrupción por casos a nivel tanto estatal como local". 

Así mesmo, criticou que o PP dilatase o debate deste asunto no pleno polo "seu interese" en que a cuestión fose máis un "debate público" que en darlle unha solución. 

Finalmente, asegurou que para o BNG sería cuestión de levar a un pleno extraordinario as concesionarias "que están sen contrato". É dicir, aqueles casos nos que xa terminou o período de vixencia da concesionaria e esta segue estando un tempo "sen ningún tipo de concurso público polo medio". 

"A verdade é que temos unha serie de contratos sen contrato que crean unha inseguridade enorme entre a poboación", criticou. Como exemplo puxo o estado das pistas de pádel, a escola municipal de música ou o servizo de recollida de lixo. "Isto si que é un problema porque se está perdendo a posibilidade de ter ofertas máis vantaxosas", relatou.

O BNG non apoiará a investigación que pide o PP dos contratos...
Comentarios