Sábado. 20.10.2018 |
El tiempo
Sábado. 20.10.2018
El tiempo

Galicia mobilízase para acoller os refuxiados que viaxan no Aquarius

Los alcaldes de Carballo, Moaña, Tomiño y Rianxo. XOÁN REY
Los alcaldes de Carballo, Moaña, Tomiño y Rianxo. XOÁN REY

A Xunta ofrece a súa colaboración ao Goberno central e os municipios gobernados polo BNG 

Galicia mobilízase para acoller os refuxiados que viaxan no Aquarius. Este martes a Xunta ofreceu a súa total colaboración a o Goberno central, ao igual que tamén fixo o BNG, quen se amosou disposto a recibir os migrantes nos concellos nos que goberna.

En concreto, alcaldes do BNG ofreceron este martes unha rolda de prensa en Santiago na que mostraron a súa disposición a recibir, "axudar e protexer" nos municipios onde goberna.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, indicou que estas persoas foxen dos seus países de orixe "escapando da violencia" e "da morte", polo que toman a decisión de arriscar as súas vidas cruzando o Mediterráneo na procura dun futuro "mellor".

Durante a comparecencia de prensa, Ferrero informou de que transmitirán á Xunta "a total disposición dos concellos gobernados polo BNG" para acoller a estes migrantes e insistiu en que isto non é máis que "un reflexo" da veciñanza dos mesmos.

O rexedor carballés recordou a tradicional relación dos galegos coa emigración e subliñou que, onde goberne o BNG, os refuxiados terán sempre as "portas abertas para darlles acollida".

Os nacionalistas gobernan nuns 25 concellos de Galicia, entre eles Pontevedra, Bueu, Barro, Moaña, Poio, A Pobra do Brollón, Muras, Ribadeo, Allariz ou Carballo.

A Xunta tamén ofrece a súa colaboración ao Goberno central
Por outra parte, A Xunta de Galicia trasladou ao Goberno central a súa disposición para acoller a parte das persoas que viaxan no buque Aquarius, que navega con máis 600 inmigrantes e refuxiados rescatados no Mediterráneo.

Así o confirmou, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que apuntou que o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, activou "a primeirísima hora da mañá" os mecanismos de coordinación co Goberno central en materia de acollida de refuxiados e inmigrantes, e puso a disposición os medios galegos.

Galicia mobilízase para acoller os refuxiados que viaxan no Aquarius
Comentarios