BNG pide á Xunta que reclame por vía xudicial diñeiro debido polo Estado

Olalla Rodil apunta que o seu partido levou en setembro ao Parlamento de Galicia unha iniciativa para tramitar este proceso e que o PP votou en contra
Olalla Rodil. LAVANDEIRA JR. (Efe)
photo_camera Olalla Rodil. LAVANDEIRA JR. (Efe)

A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Olalla Rodil, reclamou este mércores á Xunta de Galicia que recorra á vía xudicial para reclamar os 200 millóns adeduados polo Estado correspondentes á devolución do IVE do ano 2017.

"Se Feijóo quere defender os intereses de Galicia debe deixar de lloriquear e reclamar pola vía xudicial o que o Estado non quere pagar", asegurou Rodil, quen entende que o titular do Executivo autonómico "négase a activar esta vía porque, no fondo, supedita os intereses de Galicia á estratexia política do PP en Madrid, facendo perder tempo e cartos aos galegos".

A parlamentaria lembrou que o BNG levou o pasado mes de setembro ao Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar a activación da vía xudicial, aínda que "o PP votou en contra, impedindo que prosperase".

"Galicia necesita un Goberno que faga algo máis que queixarse e mandar cartas", proseguiu Rodil, quen engadiu que o debate de fondo é en realidade "quen ten a chave do noso diñeiro e quen di sobre os impostos que pagamos todos os galegos".

Deste xeito, a viceportavoz parlamentaria da formación nacionalista apuntou que a situación "pon en evidencia un modelo de financiamiento inxusto e insuficiente para Galicia e que é necesario cambiar".

Comentarios