domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

O BNG propón eliminar as comisións bancarias sobre todo para os máis vulnerables

Néstor Rego. EFE
Néstor Rego. EFE
Néstor Rego sinala que a cobranza destes elementos resulta "abusivo"

O Bloque Nacionalista Galego, BNG, rexistrou no Congreso unha proposición non de lei para a eliminación das comisións bancarias, sobre todo para as persoas máis desfavorecidas que se atopen en risco de exclusión social.

Segundo o deputado nacionalista Néstor Rego, a cobranza destas comisións resulta "abusivo", xa que contar cunha conta bancaria é, hoxe en día, un servizo básico imprescindible, polo que se debe garantir "un acceso universal e gratuíto".

O BNG considera necesario que se aplique de forma automática a posibilidade de abrir contas correntes libres de comisións ás persoas que reciban algún tipo de subsidio e que tamén se fagan accesibles para o resto da poboación, que simplemente necesita un servizo bancario básico.

Rego explicou que é case obrigatorio contar polo menos cunha conta aberta nun banco ou caixa de aforros para poder recibir os ingresos da nómina, pensión ou subsidio ou para facer certos pagos que deben realizarse necesariamente mediante transferencia bancaria para que poidan ser tidos en conta polas distintas administracións.

Neste sentido, puxo o exemplo do recentemente estreado Ingreso Mínimo Vital que se destina a aquelas persoas con maior vulnerabilidade, pero que debe ser recibido a través dunha conta bancaria.

De acordo cos nacionalistas, os bancos ofrecen normalmente a posibilidade de eliminar comisións nas súas contas, se os usuarios garanten determinados ingresos mensuais elevados ou se contratan outros produtos financeiros.

"Resulta claramente inxusto que os que menos teñen sexan os que máis comisións acaben pagando", a lamentado o deputado nacionalista.

Por iso, o BNG insta a regular o deber por parte das entidades bancarias de aplicar de forma automática contas de pago básicas sen comisións para todas aquelas persoas que, por recibir subsidios ou axuda públicas, como é o Ingreso Mínimo Vital ou Rendas de Inserción, xa teñan acreditada a súa situación de vulnerabilidade.

Ademais, deberá ser obrigatorio que as entidades bancarias oferten esta posibilidade a todos os seus usuarios, xa que, actualmente, non se divulga e tampouco existe o coñecemento sobre ela entre a poboación xeral, denunciou.

O BNG propón eliminar as comisións bancarias sobre todo para os...
Comentarios