Unha borrasca chega esta semana con frío e neve

Unha borrasca arrefriará toda a península e a cota podería baixar ata os 600 metros en Galicia
Una máquina quitanieves retira nieve de la autovía A-52 a su paso por el municipio orensano de A Gudiña. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Neve na A-52. BRAIS LORENZO (EFE)

O xoves chegará unha borrasca do noroeste cargada de aire moi frío a península que propiciará un descenso acusado das temperaturas, ata valores invernais, e abundantes nevadas en cotas entre os 500 e 800 metros na metade norte e entre os 800 e os 1.200 metros na metade sur.

En Galicia a cota de neve situarase pola noite entre os 1.200 e os 1.300 metros, segundo Meteogalicia, e as temperaturas descenderán moderadamente. Xa, na xornada do venres espérase que a cota baixe ata 600 ou 700 metros nas zonas máis orientais da comunidade, o que afectará especialmente a Lugo.

No resto de España iniciaranse un descenso de significativo das temperaturas desde o mércores, coa entrada de vento do norte, que deixará tan só precipitacións no norte peninsular e Baleares, e vento forte en áreas do nordeste peninsular e nas Baleares, informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) nun comunicado.

A tarde do xoves e durante o venres, unha fronte moi activa percorrerá toda a península ata Baleares deixando precipitacións case xeneralizadas, acompañadas dun novo descenso de temperaturas e unha cota de neve entre os 500 e os 800 metros na metade norte, e os 800 e os 1200 metros na metade sur.

Todo iso estará acompañado dun temporal marítimo con mal estado da mar no Atlántico, no Cantábrico e no Mediterráneo.

Os seguintes días, a península seguirá baixo a influencia da masa de aire frío, con precipitacións que afectarán á metade norte, sobre todo á área cantábrica, a Baleares e, de forma máis débil e dispersa, ao resto do país, sendo menos probables canto máis ao sur e ao leste, e cunha cota de neve relativamente baixa.