O brote de coronavirus da Mariña segue crecendo

Galicia ten 318 casos activos, máis de 60 na comarca do norte de Lugo
ZONA DE LA TOMA DE MUESTRAS DEL COVID _19 A PACIENTES QUE VAN EN COCHE O ANDANDO A HACERSE EL MUESTREO EN EL HOSPITAL DE A MARIÑA DE BURELA
photo_camera Un paciente e un sanitario, no hospital de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O número de casos activos de coronavirus en Galicia aumentou este venres ao sumar un, co que se sitúan en 318. É clave que hai 13 novos na provincia de Lugo —onde se rexistra un brote na Mariña con máis de sesenta contaxiados confirmados— e 12 altas máis, mentres que as persoas curadas incrementáronse ata as 10.665, o que supón 16 máis. 

Dos 77 casos activos en Lugo, tres están ingresados —un no Hula e dous no Hospital Público da Mariña—, mentres que 74 permanecen en seguimento domiciliario. 

Ata a data nesa área sanitaria faleceron 28 persoas e rexistráronse 926 altas, sinalaron fontes sanitarias.

En Galicia son catro os pacientes hospitalizados —os mesmos que este xoves— e 314 en seguimento domiciliario —un máis con respecto á xornada pasada—, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos Covid. 

Dos 318 casos positivos, 122 corresponden á área de Vigo —sen cambios con respecto a este xoves—; 63 á da Coruña e Cee —dez menos—; 24 á de Santiago e Barbanza —igual—; 17 á de Ourense —un menos—; 77 á de Lugo —13 máis—; 10 á de Ferrol —sen cambios— e cinco á de Pontevedra —un menos—.

Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.665 persoas e faleceron 619 pacientes con Covid. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias. 

O número de PCR realizadas ata a data na comunidade galega ascende a 191.945 fronte ás 188.328 contabilizadas até este xoves.