miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

O brote de Melide mantense estable con 17 casos

2020081917555489643
2020081917555489500
Ao cribado poboacional que se realiza en centro de saúde acudiron xa 478 mozos de entre 18 e 30 anos


Os dous brotes de coronavirus detectados no municipio coruñés de Melide mantéñense estables este xoves con 17 casos positivos, informa o Servizo Galego de Saúde.  Un deles corresponde a membros dunha mesma familia e o outro a un grupo de amigos novos. 

Ao cribado poboacional que se realiza no centro de saúde acudiron xa 478 mozos de entre 18 e 30 anos e esta tarde están citados outros 200. Ademais, os mozos que teñan asignado o seu médico en Melide e non teñan recibido a cita do Sergas, poden achegarse ao centro de saúde entre as 16 e as 20.00 horas, portando o seu cartón sanitario e o DNI, para ser sometidos á PCR.

O brote de Melide mantense estable con 17 casos
Comentarios